miércoles, 27 de mayo de 2009

O pasado 17 de maio celebrouse o Día Mundial da Reciclaxe, unha fecha escollida para que todos tomemos conciencia da importancia que ten tratar cada un dos dereitos como corresponde, co obxectivo de protexer o medio ambiente.
A popularidade desta celebración clave para a conciencia ecolóxica foi tomando forza, facendo que sexan mais os países que se suman a propagar durante a xornada información de calidade en todo o relacionado co reciclaxe dos diferentes tipos de residuos.
NATURNOVA CO RECILAXE
Naturnova, o Centro Interactivo Ambiental, en Vigo, quixo colaborar na concienciación cidadá sobre a necesidade de separar os residuos de forma adecuada.
Por iso, puxo a disposición dos visitantes distintos módulos interactivos que son o reflexo do compromiso de Caixanova coa defensa do medio ambiente e do seu desexo de contribuír a difusión dunha cultura baseada no respecto a natureza. Tratase dunha interesante alternativa que non deixara indiferente nin a nenos nin a maiores.
GUIA AMBIENTAL
En todos os aspectos relacionados co medio ambiente, o compoñente educativo e de concienciación presentase como fundamental. O que concede gran relevancia o traballo divulgativo que se impulsa dende Naturnova. Na paxina web do centro, pódese descargar un atractivo e completo material didáctico que recorre, de modo accesible, todo o relacionado co reciclaxe. Este traballo leva por titulo “Fai os teus equipos e xoga limpo” dende as súas paxinas animase a separar o lixo na casa dun modo rápido e fácil ademais de ter gran transcendencia na conservación da natureza.
Ademais, esta guía recolle unha completa relación de normas en vigor con referencia o reciclaxe.
UNHA LABOR DE TODOS
A guía incide na importancia do papel individual de todos nos, a importancia e a grandeza do noso graíño de area. De media, cada español recicla diariamente 1.5 kg de residuos domésticos dos que un 65% e material recuperable ou reciclable. É por iso que a separación dos distintos tipos de residuos terá que ser unha das prioridades dos cidadáns para colaborar no coidado do planeta.
Naturnova ten en conta a necesidade de divulgar a potencial grandeza que hai detrás de xestos aparentemente pequenos. Simplemente con reciclar unha lata de refresco evitamos un proceso de descomposición que na natureza pode durar entre 200 e 500 anos.
A IMPORTANCIA DE RECICLAR
O reciclaxe é un proceso que permite que un producto usado poida volverse a usar como materia prima, para crear un producto novo grazas as tecnoloxías modernas e coñecementos específicos.
O volume de residuos producidos pola sociedade humana medrou de maneira desorbitada, ademais de incrementar a súa toxicidade ata converterse nun problema de moi graves consecuencias.
A gran parte dos residuos que xeramos nos fogares son envases e embalaxes, a maioría dun so uso e normalmente fabricados a partir de materias primas non renovables. Outro pequeno porcentaxe de residuos urbanos que se producen é considerado perigoso para a saúde e o medio ambiente, estes son dos derivados de pintura, disolventes e productos de limpeza entre outros. Unha parte de todos estes productos e reciclable, outra reutilizable e unha terceira parte e tan tóxica que non se pode abandonar en calquera lugar.
AS CATRO ERRES
Dende a década dos 90 desenroláronse plans de xestión de reciclaxe e xestión selectiva dos residuos. Tratase de que poñamos en practica a consigna das catro erres: reducir, reutilizar, reciclar e recuperar.
Reciclar debe ser o ultimo dos catro pasos xa que se non se pode reducir o consumo de algo en particular, nin reutilizalo, entón, termos en conta sempre se ese producto pode reciclarse.
Para posibilitar o reciclaxe debemos separar o lixo que producimos a diario, xa que logo serán recollidos e tratados para poder volver a utilizalos como materia prima. Desta maneira, debemos separ o papel, embalaxes e vidro o reto de lixo antes de tiralo os contenedores, ademais ter coidado coas pilas e baterías, estas debemos tiralas a contenedores específicos.
CON MOI POUCO PODEMOS FACER MOITO

No hay comentarios:

Publicar un comentario