Segundo datos da ONU, o 80% dos problemas ambientais están relacionados, sexa dunha forma directa ou indirecta, coa produción e o uso da enerxía. Así, das tres vertentes desde as que se pode enfocar o problema enerxético: inventigación e desenvolvemento de novas fontes de enerxía, mellora da eficacia no seu consumo e modificación de actitudes, valores e hábitos, queremos centrarnos nas dúas últimas dunha forma máis directa, intentando que o alumnado perciba paseniñamente a necesidade de practicar medidas de aforro e eficiencia enerxética, para o cal é necesario que modifique actitudes, asuma valores e interiorice hábitos.
No curso 2004-2005 solicitase un grupo de traballo ao abeiro do programa de formación de profesorado, para plasmar estas iniciativas nun traballo
práctico. Deste xeito desenvolvimos, ao longo do curso, a primeira parte da experiencia.
As dudas foron se era posible, un modelo económico de crecemento sustentable sen practicar medidas de eficiencia e aforro enerxético. Foi o momento de preparar a nivel teórico sobre conceptos como o deselvolvemento sustentable, modelos económicos, fontes de enerxía, oferta e consumo enerxéticos, demanda enerxética a nivel mundial, rexional e local, relación entre crecemento económico e aumento da demanda enerxética, etc. Para elo, ademáis de consultar diferentes fontes bibliográficas, contamos co asesoramento de varios técnicos do INEGA, que deron unhas xornadas de docencia no instituto. Esta colaboración viuse, andando o curso, ampliada á realización dunha auditoría enerxética no centro. En realidade quedou nun primeiro intento e aproximación á mesma, xa que basicamente o que fixemos foi analizar o consumo de electricidade e gas por parte do instituto para localizar posibles fugas de gasto e, consecuentemente tomar medidas que diminuisen o consumo enerxético. Así o foi, efectivamente racionalizar e optimizar o gasto enerxético do centro mediante o cambio na potencia contratada e a introducción de algunhas medidas de aforro enerxético, coa colaboración e o apoio da Dirección do centro.
O traballo máis importante deste primeiro ano foi a elaboración dun documento de traballo, onde se recollían diferentes aspectos curriculares relacionados coa enerxía en relación ao DCB e ás áreas de coñecemento que tomamos como referencia. O obxectivo era que servise de referencia para elaborar unhas fichas de traballo, de carácter interdisciplinar, de aplicación inmediata na aula para o nivel de 1º de bacharelato. Así completamos sobre unha corentas fichas que recollimos nunha publicación que enviamos a todos os centros da Galiza. Do mesmo xeito deseñouse, por parte do alumnado, un xogo didáctico, que chamamos "O aforriño" onde se reflicten diferentes situación de mal gasto e ineficiencia enerxética en contraposición a outras viñetas ou esceas nas que se anima e alenta a prácticas de aforro e eficiencia.
Simultaneamente puxeronse en marcha diferentes liñas de acción encamiñadas a iniciar a
concienciación e achegamento a esta problemática por parte do alumnado máis novo do centro (1º e 2º de ESO). Colocouse unha gran pancarta á entrada do instituto cun lema que anima ao aforro enerxético, instalouse nas aulas destes grupos cadros con lemas que incitaban a realizar prácticas e ter conductas de aforro e realizamos un certame, que titulamos de aulas sustentables, encamiñado a que o alumnado puxese en marcha na súa aula medidas de aforro e eficiencia enerxética. Como remate organizouse unha viaxe dun día para premiar á clase gañadora. Na mesma, ademáis dos aspectos meramente lúdicos, insistimos sobre o coñecemento das formas de obter enerxía a nivel tradicional e as alternativas actuais de enerxías renovables, visitanto, entre outras instalacións, unha central de biomasa.
Dentro desta mesma filosofía, puxose en marcha a primeira edición do que dímos en chamar "día sen vehículos motorizados"; xornada lúdica e festiva no centro, que fixose coincidir coa conmemoración do día mundial do medio ambiente, consistente en que tanto o alumnado como o profesorado, informado do que se pretendía realizar mediante unha circular que se pretendía servise de motivación, fixese un pequeño esforzo e acodise ese día ao centro andando. Con posterioridade traballouse nalgunhas aulas sobre diferentes aspectos cuantitativos relativos ao aforro (en toneladas de CO2 que se deixaron de emitir á atmósfera, por exemplo) que se practicara.
Durante o curso 2005-2006, seguiuse a actividade pero agora baixo a modalidade de seminario permanente. Neste segundo ano de traballo o labor estivo focalizado nas seguintes unidades de traballo: elaboración dunha base de datos de recursos, materiais e documentación sobre a enerxía e o desenvolvemento sustentable; deseño e estudo de diferentes enquisas sobre hábitos de consumo e aforro enerxético; posta en práctica e experimentación nas aulas das fichas de traballo elaboradas o curso pasado; construción do xogo do "aforrriño"; convocatorias de diferentes certames dirixidos ao alumnado centrados nas prácticas de aforro e recliclaxe; celebración da segunda edición do "Día sen vehículos motorizados".
Conscientes de que un cambio de actitudes e o fomento das prácticas de aforro e eficiencia leva tempo, temos o propósito de continuar co traballo en vindeiros cursos.
As dudas foron se era posible, un modelo económico de crecemento sustentable sen practicar medidas de eficiencia e aforro enerxético. Foi o momento de preparar a nivel teórico sobre conceptos como o deselvolvemento sustentable, modelos económicos, fontes de enerxía, oferta e consumo enerxéticos, demanda enerxética a nivel mundial, rexional e local, relación entre crecemento económico e aumento da demanda enerxética, etc. Para elo, ademáis de consultar diferentes fontes bibliográficas, contamos co asesoramento de varios técnicos do INEGA, que deron unhas xornadas de docencia no instituto. Esta colaboración viuse, andando o curso, ampliada á realización dunha auditoría enerxética no centro. En realidade quedou nun primeiro intento e aproximación á mesma, xa que basicamente o que fixemos foi analizar o consumo de electricidade e gas por parte do instituto para localizar posibles fugas de gasto e, consecuentemente tomar medidas que diminuisen o consumo enerxético. Así o foi, efectivamente racionalizar e optimizar o gasto enerxético do centro mediante o cambio na potencia contratada e a introducción de algunhas medidas de aforro enerxético, coa colaboración e o apoio da Dirección do centro.
O traballo máis importante deste primeiro ano foi a elaboración dun documento de traballo, onde se recollían diferentes aspectos curriculares relacionados coa enerxía en relación ao DCB e ás áreas de coñecemento que tomamos como referencia. O obxectivo era que servise de referencia para elaborar unhas fichas de traballo, de carácter interdisciplinar, de aplicación inmediata na aula para o nivel de 1º de bacharelato. Así completamos sobre unha corentas fichas que recollimos nunha publicación que enviamos a todos os centros da Galiza. Do mesmo xeito deseñouse, por parte do alumnado, un xogo didáctico, que chamamos "O aforriño" onde se reflicten diferentes situación de mal gasto e ineficiencia enerxética en contraposición a outras viñetas ou esceas nas que se anima e alenta a prácticas de aforro e eficiencia.
Simultaneamente puxeronse en marcha diferentes liñas de acción encamiñadas a iniciar a
concienciación e achegamento a esta problemática por parte do alumnado máis novo do centro (1º e 2º de ESO). Colocouse unha gran pancarta á entrada do instituto cun lema que anima ao aforro enerxético, instalouse nas aulas destes grupos cadros con lemas que incitaban a realizar prácticas e ter conductas de aforro e realizamos un certame, que titulamos de aulas sustentables, encamiñado a que o alumnado puxese en marcha na súa aula medidas de aforro e eficiencia enerxética. Como remate organizouse unha viaxe dun día para premiar á clase gañadora. Na mesma, ademáis dos aspectos meramente lúdicos, insistimos sobre o coñecemento das formas de obter enerxía a nivel tradicional e as alternativas actuais de enerxías renovables, visitanto, entre outras instalacións, unha central de biomasa.Dentro desta mesma filosofía, puxose en marcha a primeira edición do que dímos en chamar "día sen vehículos motorizados"; xornada lúdica e festiva no centro, que fixose coincidir coa conmemoración do día mundial do medio ambiente, consistente en que tanto o alumnado como o profesorado, informado do que se pretendía realizar mediante unha circular que se pretendía servise de motivación, fixese un pequeño esforzo e acodise ese día ao centro andando. Con posterioridade traballouse nalgunhas aulas sobre diferentes aspectos cuantitativos relativos ao aforro (en toneladas de CO2 que se deixaron de emitir á atmósfera, por exemplo) que se practicara.
Durante o curso 2005-2006, seguiuse a actividade pero agora baixo a modalidade de seminario permanente. Neste segundo ano de traballo o labor estivo focalizado nas seguintes unidades de traballo: elaboración dunha base de datos de recursos, materiais e documentación sobre a enerxía e o desenvolvemento sustentable; deseño e estudo de diferentes enquisas sobre hábitos de consumo e aforro enerxético; posta en práctica e experimentación nas aulas das fichas de traballo elaboradas o curso pasado; construción do xogo do "aforrriño"; convocatorias de diferentes certames dirixidos ao alumnado centrados nas prácticas de aforro e recliclaxe; celebración da segunda edición do "Día sen vehículos motorizados".
Conscientes de que un cambio de actitudes e o fomento das prácticas de aforro e eficiencia leva tempo, temos o propósito de continuar co traballo en vindeiros cursos.
Recomendase á Dirección do centro que, na medida en que os rescursos presupostarios o permitan, tome medidas encamiñadas a aumentar as prácticas de aforro e eficiencia enerxética no Centro.
Entre outras propoñemos:
a) Instalar progresivamente termostatos nas súas dependencias.
b) Apagar algúns radiadores situados perto das portas de acceso nos corredores da pranta baixa.
c) Colocar entre as paredes e os radiadores paneis de chapa de madeira forrados de papel de aluminio en todos os radiadores do Centro.
d) Instalar progresivamente balastros electrónicos nos equipos de iluminación.
e) Instalar sensores de apagado automático en certas dependencias do Centro.
f) Adquirir paneis fotovoltáicos de silicio policristalino para uso didáctico.

No hay comentarios:
Publicar un comentario