1.- Sabes dos cursos de Física que a Enerxía nin se crea nin se destrúe senón que soamente se transforma dunha forma a outra, ou sexa, consérvase. Explica entón porque os científicos falan con tanta insistencia da crise de enerxía.
2.- Na vida cotiá temos un grupo de vocablos que se foron incorporando ó léxico da ciencia debido ós problemas ambientais. Estes son: efecto invernadoiro, choiva ácida, burato de ozono, biomasa ... Indica o seu significado para ti.
3.- Hai 50 anos cando se falaba do Efecto Invernadoiro, referíanse ás instalacións (Invernadoiros) utilizados para aproveitar a radiación solar en beneficio do ser humano. Hoxe, esta palabra, é habitual na ciencia e nos medios de prensa. Explica como estas instalacións funcionan e se se fala do mesmo efecto ou é outro distinto.
4.- Por que se se están queimando recursos naturais (leña, carbón e petróleo) hai un pouco máis de 200 anos, o home discute agora e non antes sobre o quecemento global da atmosfera e os seus efectos? Elixe unha das opcións que se ofrecen
a) Porque agora se teñen sumado os efectos das centrais nucleares
b) Porque agora o aumento do burato de ozono provoca a entrada de maior calor
c) Porque se teñen disparado as emisións de gases de efecto invernadoiro
d) Polo o aumento alarmante de casos de cáncer
e) Outra
5.- Que actividades do ser humano, así como a súas emisións, provoca que a porcentaxe dos GEI (Gases de efecto invernadoiro) se incrementen (máis especificamente no século XX) e polo tanto acelere o efecto invernadoiro en canto á redución do tempo en que a temperatura global media se incremente nun grao?. Opta pola contestación máis correcta.
a) A produción de enerxía e o transporte.
b) Os vertidos dos petroleiros
c) A extinción masiva de seres vivos
d) A erosión dos solos
e) Outra
6.- Para estudiar o quecemento global da atmosfera o ser humano ten desenvolvido varios modelos. Explica algúns dos posibles efectos que poden ocorrer de forma secuencial debido ó incremento das temperaturas.
7.- Unha Central Termoeléctrica que funcione con carbón pode producir unha enerxía equivalente a 3 x 10 10 J por tonelada, mentres que a fisión de 37,5 g de U 235, nunha Central Nuclear, produce a mesma cantidade de enerxía. Por que opoñen resistencia os ecoloxistas á construcción destas centrais eléctricas? Indica tres razóns que argumentan a súa oposición.
8.- Sinálase que o vento é unha fonte renovable de enerxía. Busca exemplos do seu uso. Enumera as vantaxes e inconvenientes da súa utilización.
9.- A enerxía solar pódese converter directamente como corrente eléctrica a través de paneis fotovoltaicos. Explica este proceso. Busca exemplos do seu posible uso.
10.- Cando comezou a funcionar o ferrocarril no teu lugar? Expliqua que significa a frase: “Debemos redescubrir os ferrocarrís para lograr un desenvolvemento sustentable”.
miércoles, 11 de marzo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Alucinante toda a actividade que estades a facer!. Noraboa polos blogs, Climantica e Eclpise, acabo de enterarme da súa existencia e fiquei admirada. Agora mesmo estamos tentando enlazalos á páxina do Instituto. Se me permitides, aí vai un consello: en Eclipse deberíades engadir un gadget "Quen somos", que quedase arriba de todo na marxe dereita (ou esquerda, segundo seña o diseño). Deste xeito todos os que entremos no blog sabremos rápidamente que estamos a ver. Tampouco estaría mal que revisásedes as cores de diseño, xa que os títulos se visualizan mal e isot é importante. Se necesitades axuda, xa sabedes onde estou, encantada de colaborar. Moito ánimo, o que facedes é moi importante.
ResponderEliminar